Colección Monsardi - Por Gonzabell

Nota legal

Condicións xerais de uso do sitio web de Gonzabell, S.L.

www.monsardi.com

Gonzabell, S.L. (en diante Gonzabell) con domicilio en Rúa Cordón, nº 8 Baixo, 36005 Pontevedra, con CIF B36109189, representada por Lisardo González Abelleira, con NIF 35249757A, pon a disposición no seu sitio web www.monsardi.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de Gonzabell por parte dos usuarios que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao usuario no sitio web www.monsardi.com en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un usuario introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, imprima, arquive e acepte a través de Internet, non podendo o usuario introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

Gonzabell, S.L. foi inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra o 26 de xuño de 1989, Libro de Sociedades nº 769, folio 90, folla 10.580, inscrición 1ª.

O acceso ao sitio web de Gonzabell implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o usuario afirma comprender na súa totalidade. O usuario comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO.

1.1.- A utilización do sitio web de Gonzabell non leva a obrigatoriedade de inscrición do usuario, salvo se este usuario desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en www.monsardi.com onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o usuario a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente Gonzabell prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de Gonzabell ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.- Gonzabell poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS.

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- Gonzabell utilizando fontes internas e externas de tal modo que Gonzabell unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- Terceiros alleos a Gonzabell, ben mediante colaboracións directas no sitio web ou ben presentes a través de hiperenlaces ou links a outros sitios web ou a noticias doutros sitios dos que non é titular Gonzabell. Gonzabell en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todos estes links ou hiperenlaces. O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web de Gonzabell non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web.

2.3.- Gonzabell resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.

Gonzabell é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de Gonzabell, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso de Gonzabell. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de Gonzabell -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de Gonzabell.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE.

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Pontevedra renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA.- DECLARACIÓN FINAL.

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. Gonzabell poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de Gonzabell.

CRÉDITOS:

Este sitio web foi realizado pola consultora en TIC Softic, de Grupo Isonor.

Logo Softic Logo Grupo Isonor