Colección Monsardi - Por Gonzabell

Historia de Gonzabell, S.L.

Desde os anos 1970 na cidade de Pontevedra, Clara Abelleira Fontán crea a marca MONSARDI e inicia a fabricación artesanal de pezas de Xéneros de Punto de Señora, de sastrería e minguadas.

A empresa cambia a súa razón social nos anos 80 para formar a sociedade Gonzabell S.L. estando presente os fillos desde aqueles inicios, sendo hoxe a substitución xeracional.

Nestes case 40 anos conseguimos un know-how, ese saber facer desta profesión chea de segredos e técnicas, buscando unha máxima calidade dos produtos, mediante un coidado esmerado nos acabados e procuras das materias primas, hilaturas e tecidos.

A empresa está en constante evolución e innovación para estar á vangarda do sector, cun departamento I+D+i, contando con persoal cualificado.

Consiguimos uns estándares de calidade altos; realizamos todo o proceso produtivo, seleccionando os fiados, realizamos a texeduría, ennoblecemento de tecidos, confección, a loxística e a distribución. Deseñamos e fabricamos principalmente Xéneros de Punto Exterior; unha ampla gama de pezas con corte patronaxe industrial, liña sastrería e modistería de muller, incorporando en moitos tecidos, elegantes acabados, confort e a importancia do full fashion, pezas conformadas minguadas.

Nosas colecciones Outono-Inverno e Primavera-Verán preséntanse en showrooms polos nosos axentes comerciais.

Temos unha ampla clientela en España en tendas multimarca e en centros comerciais. Outros mercados como Portugal, México e inicios con Francia, buscando unha constante evolución da fidelidade de novos clientes.